xoves, 15 de decembro de 2016

CECILIO RIAL

Cecilio Rial Pérez naceu no 133 do Outeiro de Balea (actualmente numero 33) o 12 de decembro de 1925. Foi o primeiro de tres irmáns, Cecilio, Ermidas e Pepe. Herdou o nome do seu pai mariñeiro de profesión “pulpeiro”, e a súa nai Celia traballaba na fabrica conserveira de “Massó” limpando a anchoa. Cecilio estudiou na escola de Balea cerca do Restaurante Simón,”na da Cachola”e máis tarde foi a clases de pago na de Filo a muller do Ghalo pero pronto deixou os estudos para poñerse a traballar. 



Primeiro cumpriu o servicio militar na escola militar de Marín onde era moi querido,levaba as fillas dos tenentes onde o mandaban e conta a súa irmán Ermidas que cando podía subía polos portais cos seus compañeiros para ir xunto das mozas.En varias ocasións animárono para que rematado o servicio militar seguira na escola de Marín pero por aquel entonces cruzouse na súa vida Amalia, a que sería a súa muller e nai dos seus sete fillos: Manolo, Pucho, Antonio, Barros, Amalita, Raquel e Miguel.



Cando casou foise vivir para o Barrio Chino, primeiro viviu nunha casa que queda o comezo da praia da Congorza e máis tarde cambiou para unha das casas que quedaban ao carón do campo de fútbol de Massó. 

Aínda que nos seus comezos trallou de albanel pronto o deixou e empezou a traballar de mariñeiro. Dedicouse á pesca do bonito,foi polbeiro, andou a ameixa e co seu irmán Pepe ía á navalla, máis tarde estivo de patrón nun dos barcos de “Os Marianos”.

O 25 de Xulio de 1978 un coche atropelou a Cecilio na curva do Gatañal preto da súa nova casa,unha casa que foi facendo coas súas mans e coa axuda da súa muller e dos seus fillos. Levouno varios metros a rastro ata acabar tirado nun campo de millo, por aquel entón xa estaba retirado por enfermidade aínda que o accidente deixouno bastante tocado,non podía levantar ben un brazo  porque no hospital puxéranlle un ferro e deixáronlle o brazo mal cosido e tendo en conta as secuelas dun accidente aínda lle acentuou mais a coxeira que máis tarde empezou a ter por culpa da súa enfermidade.Contan os seus fillos que uns días antes do accidente un corvo pousouse nun ombro de Cecilio no mesmo sitio no que días máis tarde o collería o coche e dixéronlle: ”papá quita ese corvo de aí que dan mala sorte.  Cecilio contestou que iso eran parvadas, que deixaran o animal tranquilo que non lle facía mal a ninguén. Casualidades da vida, pasou, aínda que a culpa seria do que conducía o coche non do corvo pero e algo que os seus fillos recordan moitas veces xa que sempre se dixo que os corvos anunciaban cousas malas que ían pasar.

Con todas esas dificultades Cecilio aínda collía a  súa gamela e ía pescar para axudar na casa, tivo dúas gamelas unha chamábase Clorinda e outra chamábase Luz Divina. Unha das veces que foi pescar caeu ao mar e non era capaz de chegar a terra nadando por culpa dese brazo que tiña tan mal. Foi o “yon”o can que tiña que o levaba moitas veces con el o que o arrastrou ata as rocas. Esta era unha das cousas que Cecilio sempre contaba orgulloso do seu can. Conta a súa irmán que de mozo era moi decidido para todo,unha vez cando estaba cumprindo o servicio militar foi cos seus compañeiros  a acompañar a Virxe do Carme no recorrido que facía todos os anos polo mar e que unha moza quixo saltar dun barco para outro esvarou e a ninguén lle deu tempo a tirarse a collela porque xa se tirara Cecilio. Anos máis tarde aquela muller contáballe emocionada como fora aquela aventura á neta de Cecilio. A familia da rapaza enchérono de agasallos en mostra de agradecemento.



Era un apaixonado da musica, dende moi novo gustáballe bailar,facer “letrillas” como el lle soía chamar cando compoñía algunha canción para os carnavais,aqueles que facian no Outeiro onde xe xuntaban todas as comparsas,reuníanse todos ali e logo iban a Santa Marta,Hio,e a Aldán a buscar as demais para acabar de novo no Outeiro todos xuntos,aqueles carnavais duraban varios días,disfrazados con roupas vellas e con aqueles traxes tan orixinais que se facían na casa. Gustáballe tocar a gaita,tiña unha cuns lazos de colores que a súa filla Amalita lle collía para adornar as coletas e cando preguntaban a onde ía tan guapa con aqueles lazos ela contestaba que eran da gaita do seu pai.



Facía cancións para varias comparsas aínda que logo non participara gustáballe ir a escoitalas,formou parte da comparsa de “Os Mariñeiros”aínda que a mais importante para el foi a que el mesmo formou”As Incansables”formada por catorce mulleres,esta foi a comparsa que levou sempre no corazón.Cando ensaiaban as cancións o chegar a casa contaba que tanta muller iba a acabar con el porque cando se poñían a discutir eran como feras provocando as risas de todos,pero sempre recoñecía que tiñan unhas voces moi fermosas e que ían e ser unha gran comparsa e de feito foron invitados a un programa da Televisión de Galicia e chegaron a gravar un de aqueles antigos casetes cun grupo de musica moi coñecido.



Pero a súa verdadeira paixón era a poesía,polas noites estando na cama pensaba os seus versos e si algún lle gustaba levantábase e ía a unha habitación onde tiña as súas cousas,aquela mesa redonda na que tantas veces se sentaba a escribir,aquela carpeta azul de cartón onde tiña escrito o seu nome e que gardaba como un tesouro.Naquel cuarto tiña uns andeis onde gardaba os libros das festas da”Romaría de Darbo”que tanto lle gustaban e onde publicaba as súas poesías,dedicadas a Virxe do Carme do que era tan devoto,e as rapazas que cada ano eran raíñas das festas,gardaba os libros das festas de San Roque onde tamén escribía todos os anos e onde tamén lle dedicaba as rapazas que tamén eran raíñas ese ano,vivencias persoais de cando iba a velas ,o que sentía e o que significaban para el eses días.A súa muller non entendía como se podía levantar polas noites e pasar horas alí sentado e sempre dicía”Cecilio ven para cama que mañá e outro dia”pero el seguía escribindo porque era o que lle gustaba e cando a súa muller contaba na casa as aventuras do seu home todos se votaban a rir. 

Debido a súa enfermidade as veces custáballe aguantar o bolígrafo entonces esperaba a que chegara a súa neta de estudiar el dictaba e a súa neta ía escribindo o que o seu avó lle ía dicindo,pero nin con esas deixaba de escribir,as veces sorprendíanse de cómo facía, aínda que fora co bolígrafo de medio lado el escribía igual.Gustáballe dedicar os seus versos os mariñeiros,sempre dedicado o mar cos seus cantos e os seus versos,pero tanto lle facía unha poesía e area branca dunha praia como o alto dun monte,el escribía o que sentía nese momento o miralas,o sentilas,gustáballe plasmar eses sentimentos nun cacho de papel e si non tiña un caderno ao lado era igual collía un cacho de almanaque ou o que tivese a man e comezaba a escribir. Gustáballe dar paseos pola Alameda Vella,cada vez que baixaba a Cangas daba a súa primeira parada na perruquería do seu amigo Gelito, gustáballe sentarse alí e falar con el e coa xente que ali estaba,e despois empezaba o seu paseo.

As veces o chegar a casa comentaba algún tema que escoitara e dicía que era bo para unha canción dos carnavais e xa empezaba a maquinar as súas letras,sempre estaba pendente do que sucedía para despois ver si seria interesante facer unha canción.

Outras das súas paradas era no Bar Celta, ali tomaba os viños cos seus amigos e moitas veces pedíalles opinión dalgún poema o canción,xuntábanse todos o redor dunha mesa e el comezaba,e eles dábanlle a súa opinión e seguramente algunha idea aínda que el niso iba ven sobrado porque o escoitar moitas das cancións de carnavais as veces preguntábase un de onde saíran esas ideas,pois seguramente que algunha que outra vez de ese corro de amigos.Gustáballe como a todo o mundo ter bos amigos,sempre falaba con un gran cariño do seu amigo Víctor o da “Vendimia”era unha persoa a que lle gardaba un gran aprecio,sempre tiña boas palabras cara el,tamén lle tiña moito aprecio a Antonio o home de “Soledad”do que era veciño e co que solia subir para casa despois de dar unha volta,para chegar a casa facian algunhas paradas para descansar porque a Cecilio doíanlle os pés debido a súa enfermidade e en vez de un quilometro parecía que vivían a dez do centro da vila porque Antonio esperaba por el e mentres tanto falaban das súas cousas.Falaba do seu gran amigo Pepe o poeta o  que lle tiña moito aprecio e moita admiración,contaba como unha vez fora co seu amigo a Santiago e recibiran un diploma como poetas de Galicia.



Os Domingos ía cos seus fillos a tomar uns viños, no Bar Capri e alí podíanse xuntar ao menos con vinte amigos,despois paraban en Hio, Donón en Nerga,tomaban os viños e como non cantaban,a xente xa os coñecía en moitas veces acababan convidándonos, xuntábanse Modesto, Ramalles, Pepe o Gallego, Pepe o da Jarita, Verisimo o seu fillo o Yayo… recordaban as cancións de cando eran mozos e cantábanas todos xuntos e compartíanas cos seus fillos que herdaron do seu pai o bo cantar.Era un home moi familiar,gustáballe ver os xeus fillos xuntos que se levaran ven,que foran polas tardes a súa casa de Balea a visitalo e que falaran con el,iso gustáballe moito.Unha das cousas que sempre facía  estando o carón do balcón da súa casa era poñer un pé nunha das varandas e poñerse a mirar para Balea mentres asubiaba,era algo que facía sempre gustáballe moito asubiar como tatabexando algunha canción, as veces asubiáballe aos paxaros que era raro non escoitar por alí podía estar así moito rato como si a paz que sentía nese momento non a puidera romper nada.

Esa casa,esa habitación con estanterías cheas de libros,os seus diplomas,aquela mesa redonda aquela carpeta azul de cartolina,aquelas sestas debaixo do limoeiro o son e o aroma das arbores, as viñas rodeando a casa era o que el tanto quería, a súa casa de Balea.
               

           Din que os soños se fan realidade, publicar un libro era un dos 
           que meu avó tiña por iso gustaríame darlle as gracias a todas 
           aquelas persoas que colaboraron e fixeron posible que se publicara      
           Grazas aos traballadores da Cepa por cumprir un soño.
                                          
GRAZAS 

Fátima Rial. 

         

Ningún comentario:

Publicar un comentario